O Concello de Fene promove un curso de Mediadores Sociais

CONCELERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Fene promove un curso de Mediadores Sociais

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, promove un curso de Mediadores Sociais dirixido ao persoal das entidades deportivas, culturais ou Anpas, entre outras.Terá lugar na Casa da Cultura, entre este mes e o de maio. E, máis concretamente, os días 15, 22 e 29 de abril e 6, 13, 20 e 27 de maio, entre as 18,30 e as 20,30 horas. Abordaránse temas como saúde comunitaria, consumo de sustancias e outras adiccións, primeiros auxilios, características e habilidades das persoas mediadoras. Deste xeito, as persoas interesadas en participar poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene antes do venres, 10 de abril.
Esta acción formativa desenvolvese ao abeiro do programa Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde, que financia a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.