Fene abre o prazo para inscribirse na II Carreira 10K a beneficio de Arraigo

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Fene abre o prazo para inscribirse na II Carreira 10K a beneficio de Arraigo

Fene acollerá o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a segunda edición da Carreira 10K con fins solidarios e a concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, presentaba esta mañá a cita en compañía de Carmen Rey e Ana Novo, presidenta e directiva da asociación Arraigo. Precisamente, a edil sinalaba que será esta entidade a destinataria de toda a recadación da carreira, cuxo prazo de inscripción permanecerá aberto ata tres días antes da proba. Isto é, ata o 14 de maio.
Nesta liña, e polo carácter solidario da carreira, Rocío Bértoa animou a todo o mundo a inscribirse e tomar parte na mesma que, por segundo ano consecutivo, terá como punto de partida e chegada a parroquia de Perlío, no entorno da praza Verde, e o itinerario tamén transcurrirá polas parroquias de Barallobre e Maniños.
Así mesmo, haberá diferentes categorías: A absoluta, cunha cuota de participación de cinco euros e a andaina, de tres, namentras que as carreiras menores están exentas de abono. Nos dous primeiros casos, a inscripción deberá formalizarse na web www.nortsport.es ou no pavillón da Xunqueira, en San Valentín de luns a venres de 9 a 14 e os mércores tamén pola tarde, de 16,30 a 19 horas. No caso das carreiras menores (os nados entre os anos 1998 e 2011), o punto para anotarse é o portal da Federación Galega de Atletismo: www.fgatletismo.es/ferrol.
Haberá agasallos para os participantes máis novos e trofeos para os primeiros clasificados na categoría absoluta.
Ademáis, a concelleira destacou a colaboración dos membros de Arraigo, que apoiarán á organización en labores de avituallamento e, tamén, da Policía Local e Protección Civil, que desplegarán efectivos ao longo de todo o percorrido.
Pola súa banda, Ana Novo, en representación de Arraigo, agradeceu o respaldo do Concello de Fene e invitou a toda a cidadanía a sumarse a esta cita deportiva e conseguir, un ano máis, encher as rúas do municipio.