A mostra "Gigantes" poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene ata o próximo 29 de abril

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

A mostra "Gigantes" poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene ata o próximo 29 de abril

O alcalde, Gumersindo Galego, presidiu onte á tarde na Casa da Cultura o acto de inauguración da exposición “Gigantes”. Un acto que contou coa presenza do director de Navantia Fene-Ferrol, Julio Martín Ramos; o xerente da Fundación Exponav –que produciu a mostra-, José María Cardona; o director técnico da exposición, Tono Martín, e o catedrático na área de Construccións Navais da UDC, José María de Juan, entre outros. A exposición, que a través de paneis informativos e maquetas repasa a historia dos 38 petroleiros construídos na antiga Astano, poderá visitarse ata o 29 de abril nos seguintes horarios: de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.