CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
A Biblioteca Municipal converteu aos máis pequenos en protagonistas de contos a través da iniciativa "Fotoconto"
10-04-2015
A Biblioteca Municipal acolleu o pasado martes, 7 de abril, a actividade “Fotoconto”. Unha proposta da Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa incluída no programa “Ler conta moito”, que impulsa a Xunta de Galicia. A través da mesma, rapaces e rapazas convertéronse en protagonistas dun conto no que as súas fotografías pasaron a ser as ilustracións máis orixinais das respectivas historias.