CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Fene celebrará o seu Encontro de Palilleiras o próximo 18 de abril en San Valentín
10-04-2015
Este ano, o Concello, a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco, asume a organización do tradicional Encontro de Palilleiras de Fene. Celebraráse o próximo sábado, 18 de abril, no paseo marítimo de San Valentín, baixo carpa. O edil de área, explicou que o evento congregará a centos de palilleiras chegadas de diferentes puntos da Comunidade Autónoma, unha oportunidade única para apreciar o seu traballo e habilidades. Pero tamén para mercar algún producto de artesanía, nos diferentes postos que se habilitarán no encontro.O Encontro de Palilleiras dará comezo ás 10,30 horas, coa recepción aos participantes por parte do alcalde, Gumersindo Galego. Ás 11 horas comezará a cita propiamente dita e, ás 13,30 h, faráse un descanso para o xantar. Retomaráse ás 16,30 horas. Pola tarde, un dos momentos destacados será as cinco, co sorteo dos agasallos entre o público que adquirise algunha das rifas que se venderán no encontro. As sete celebraráse o acto de clausura e, media hora máis tarde, concluirá o encontro.
A actividade forma parte da II Mostra Turística Ven a Fene! que organiza a Concellería de Promoción Económica do Concello.