O Concello invita á veciñanza este xoves a unha charla sobre ornitoloxía

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

O Concello invita á veciñanza este xoves a unha charla sobre ornitoloxía

O Concello de Fene organiza este xoves, 16 de abril, unha conferencia sobre a observación de aves. Con entrada libre e gratuíta, terá lugar no salón de plenos da casa consistorial, a partires das 19 horas, e correrá a cargo de Antonio Sandoval Rey, divulgador ambiental, escritor e ornitólogo.
Esta iniciativa súmase á levada a cabo polo Concello, a través da Concellería de Educación que dirixe Juana Barro, pola que se fixo entrega aos alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos centros de ensino de Fene das guías “As aves no Concello de Fene”. Unha publicación editada polo propio Concello na que se recolle cumprida información sobre as aves máis características presentes no municipio, así como os puntos nos que se poden atopar, entre outros contidos.Todo isto, acompañado de imaxes e gráficos que facilitan a lectura para os máis novos.