CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello invita aos maiores a conversar sobre cines e salas de festas nas parroquias de Barallobre, Limodre e Magalofes
21-04-2015
O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Juana Barro, levará ás diferentes parroquias o programa de recuperación da memoria histórica “Construíndo Pontes”. Así, celebrará encontros cos maiores, abertos á veciñanza en xeral, este mércores, 22 de abril, entre as 18 e as 19,30 horas no CPS Liga de Amigos de Barallobre; o luns 27 de abril, entre as 19 e as 20,30 horas, no local da AVV Santa Olalla de Limodre e, o martes 28, no mesmo horario anterior, no local da AVV San Xurxo de Magalofes. Nas sesións, recolleráse información sobre “Cines, salas de festa e vida social”, temática na que se centran este ano as conversas do proxecto.A edil de área, Juana Barro, explica que a idea de celebrar estes encontros é que no grupo de mediana idade e maiores que, cada semana –os luns, de 16,30 a 18 h, no Centro Municipal de Servizos Sociais-, se reúne para recordar momentos e aspectos da vida fenesa de hai décadas, non hai persoas de todas as parroquias. Por iso, e para evitar que no proxecto falte información, se trasladan as reunións a eses puntos.
“Construíndo Pontes” inclúese no programa de Envellecemento Satisfactorio que vén desenvolvendo a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade a través do Centro Municipal de Servizos Sociais nos últimos tres anos, subvencionado pola Deputación provincial da Coruña.