Fene abre a inscrición nun taller práctico de formación en primeiros auxilios

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Fene abre a inscrición nun taller práctico de formación en primeiros auxilios

O concelleiro de Promoción Económica de Fene, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello de Fene acollerá un taller práctico de formación en primeiros auxilios dirixido a traballadores do sector agrogandeiro e forestal. Curso que ten por obxectivo dotar dos coñecementos e habilidades básicas necesarias para prestar, o máis eficazmente posible, os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.
Poderán acceder persoas traballadoras ou desempregadas maiores de 18 anos que residan en Fene ou nalgún dos concellos pertencentes ás rías Altas e arco Ártabro ou que traballen na actualidade ou o fixesen nun centro de traballo con actividade agraria. O curso ten unha duración de oito horas e impartiráse os días 14 e 15 de maio. O prazo de inscripción remata o día 7 e as solicitudes poderán presentarse por correo electrónico (desenvolvementorural.issga@xunta.es e orientación.laboral@fene.es ); fax (981 17 48 02) ou teléfono (981 17 43 81 e 98149 27 67 –Servizo de Orientación Laboral do Concello-). Ao remate do taller, o ISSGA expedirá certificado de asistencia aos alumnos.
Na acción abordaránse, entre outros, os seguintes contidos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Os primeiros auxilios: aspectos xerais;
Situacións de emerxencia e Protocolos de actuación.