O Concello trae ao CCRD de Perlío a obra teatral "La Venganza de don Mendo"

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello trae ao CCRD de Perlío a obra teatral "La Venganza de don Mendo"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, invitou aos veciños de Fene a asistir este sábado, 25 de abril, á representación teatral de “La Venganza de don Mendo” no CCRD de Perlío. A función, a cargo do grupo de teatro Ultreia de Ortigueira, principiará ás 20 horas, con entrada de balde. A proposta forma parte da programación cultural do Concello e conta coa colaboración do CCRD de Perlío.
Ultreia nace en novembro de 2012, baixo a dirección artística de Elixio César Silvent. En pouco menos dun mes estreaban a obra que o sábado traen a Fene e, a partires do éxito de público colleitado, foron requeridos en diferentes concellos da comarca. Tras esta viría “La Dama Boba”, de Lope de Vega, coa que continuaron a súa exitosa traxectoria.
 
AVISO IMPORTANTE
Suspéndese a representación teatral de "La Venganza de Don Mendo"
A representación teatral de “La Venganza de Don Mendo” por parte do grupo Ultreia de Ortigueira, prevista inicialmente para este sábado 25 de abril no CCRD de Perlío, queda suspendida por causas de forza maior vinculadas á compañía. O Concello informará no seu momento sobre a nova data para a función.