O Concello organiza unha xincana literaria no marco do programa de ocio In Fene

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello organiza unha xincana literaria no marco do programa de ocio In Fene

O Concello de Fene organiza este venres, 24 de abril, unha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Terá lugar no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. E, aproveitando a conmemoración doDía do Libro, ten preparado para os rapaces unha xincana literaria. Ademáis, tamén poderán participar nunha acción de bookcrossing, para o que se lles anima a que se acheguen con aqueles libros que desexen liberar.
A participación é completamente gratuíta e está dirixido a rapaces de entre 11 e 14 anos.