O Concello programa esta semana reunións para as familias no marco do programa "Suma e segue: reforzo escolar"

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello programa esta semana reunións para as familias no marco do programa "Suma e segue: reforzo escolar"

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos Sociais, anunciou a convocatoria de novas reunións para as familias no marco do programa “Suma e segue: reforzo escolar”, dirixido a estudantes de Secundaria de entre 12 e 16 anos e participación completamente gratuíta. Un programa que se leva a cabo no IES de Fene e no CPI A Xunqueira, escenarios á súa vez das citadas xuntanzas. A primeira, celebraráse este mércores, 29 de abril, no IES, e a segunda, no CPI, o xoves 30. En ambos casos, o horario de inicio será as cinco e media da tarde e, as sesións, prolongaránse por espazo de noventa minutos.
O tema das reunións será como educar aos fillos e fillas na responsabilidade, a toma de decisións, autonomía, seguridade en si mesmos… “Suma e segue: reforzo escolar” enmárcase no programa “De peques a maiores: compartindo espazos” que promove a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña.