CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O Concello pechou os actos do Día do Libro cun obradoiro de "Fotografía e Mixed Media"
28-04-2015
A Biblioteca Municipal foi escenario no día de onte dun obradoiro de “Fotografía e Mixed Media” dirixido por Ana Amado. Entre as 16 e as 18 horas, nenos e nenas de entre cinco e once anos tomaron parte na iniciativa organizada pola Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa. Unha actividade completamente gratuíta coa que se clausurou a programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día do Libro. Entre outras propostas deste calendario, a Concellería de Cultura programou un contacontos infantil a cargo da narradora Soledad Felloza; un recital poético con autores da localidade e en colaboración con Vampiro de Libros Editorial, ademáis de contar con presenza propia na Feira do Libro de Ferrol cun stand onde se deu a coñecer parte do fondo local e informou dos servizos e actividades da Biblioteca.