Pastelería Martínez e Floristería Azalea, gañadores do IV Concurso de Decoración de Escaparates de Primavera

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Pastelería Martínez e Floristería Azalea, gañadores do IV Concurso de Decoración de Escaparates de Primavera

A Pastelería Martínez e a Floristería Azalea foron os establecementos gañadores da cuarta edición do Concurso de Decoración de Escaparates de Primavera organizado pola Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco. O acto de entrega dos premios tiña lugar o pasado sábado, no marco da II Feira de Segunda Man e Troco promovida polo Concello no paseo marítimo de San Valentín, e incluída na II Mostra Turística Vén a Fene! O alcalde, Gumersindo Galego, facía entrega dos galardóns. Así, o reconto dos votos emitidos polos clientes dos establecementos daba como gañador á Pastelería Martínez, namentras que o xurado profesional optaba por recoñecer a decoración de Floristería Azalea. Amáis, na cita tamén se procedía ao sorteo de dous vales de compra entre os clientes que tomaran parte no concurso a consumir en calquer establecemento adherido á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”, cedidos por esta.Un certame que, como explicaba o concelleiro Juan José Franco, busca incentivar as compras no comercio de proximidade mediante reclamos como este.