CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
Conferencia sobre fisioterapia e podoloxía este domingo na Aula da Concellería de Deportes de Fene
30-04-2015
A Aula da Concellería de Deportes acollerá este domingo, 3 de maio, unha nova conferencia sobre fisioterapia e podoloxía, organizada por Artabras Fene en colaboración co Concello e dirixida a xogadores, familiares e adestradores de calquer deporte. Con entrada gratuíta, desenvolveráse entre as 11 e as 13 horas e dividiráse en dúas partes. A de fisioterapia, que estará impartida por Sara Fonterosa Sánchez, fisioterapeuta colexiada pola UDC. Abordará as "Primeiras actuacións en caso de lesión" e "Vendaxes funcionais". E, especialmente, facilitará as claves para estar en condicións de recoñecer eses sinais que alertan dunha posible lesión e se son importantes ou non, se hai que acudir ou non a un profesional fisioterapeuta.En canto á parte do podoloxía, estará impartida por Cristina Álvarez Pena, diplomada en Podoloxía, especialista en pé diabético e con formación en ortopodoloxía, biomecánica e curso de especialista en orteses dixitais. Disertará sobre o “Coidado dos pés: plantillas, coidados básicos, lesións…”.