As palilleiras entregan a Xoel a recadación do Encontro que tivo lugar no paseo marítimo

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

As palilleiras entregan a Xoel a recadación do Encontro que tivo lugar no paseo marítimo

Representantes do colectivo de palilleiras de San Valentín fixeron entrega ao pequeno Xoel da recadación das rifas e dos traballos de manualidades que se venderon no transcurso do último Encontro de Fene, que tivo lugar a mediados do pasado mes de abril no paseo marítimo de San Valentín. Un encontro organizadopola Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco no marco da II Mostra Turística Vén a Fene! O acto de entrega dos 1.200 euros recadados desenvolveuse na casa consistorial, coa presenza do edil e, nel, Mari, a nai de Xoel, agradecía ás palilleiras a súa solidaridade, así como todas as mostras de afecto recibidas nos últimos días.
Recentemente, e promovido pola asociación Paso a Paso, coa colaboración do Concello e de máis de noventa entidades e establecementos comerciais de Fene e doutros municipios da comarca, tiña lugar tamén no municipio a xornada Todo para Xoel, a favor deste neno de seis anos afectado de parálise cerebral.