CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O Concello inicia as obras de ampliación do aparcadoiro da piscina municipal
04-05-2015
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do inicio das obras de ampliación do aparcadoiro da piscina municipal de Centieiras. Unha intervención que arrancaba a pasada semana coa intención de incrementar o número de prazas de estacionamento disponibles no frente do acceso a estas instalacións, moi utilizadas polos feneses, e mellorar a súa accesibilidade. Así, o rexedor explicou que a intervención, cun orzamento de 14.600 euros a financiar con fondos propios municipais, permitirá duplicar as prazas para dar servizo aos usuarios da piscina e, retirando adoquinado, facilitar a súa accesibilidade.As obras contan cun prazo de execución de dous meses, co que se prevé que estean rematadas no mes de xullo. Os traballos contemplan a demolición do pavimento de adoquín e do bordo, o retranqueo da liña de alumbrado e das tres farolas existentes, a colocación de novo bordo e a execución dun novo firme mediante capa de zahorra artificial, capa de grava, rego e capa de rodadura.
Esta intervención sumaráse ás obras de mellora e climatización que está levando a cabo nos últimos meses a Deputación provincial da Coruña a instancias do alcalde nas instalacións de Centieiras por importe cercano aos 110.000 euros. Uns traballos que permitirán a substitución dos deshumidificadores do soto, para reducir a humidade e cumprir cos baremos establecidos; reparar o exterior do edificio, orevestimento das fachadas, de madeira tratada, como a cuberta, ou trasladar o ximnasio ao primeiro andar para ganar funcionalidade.