Fene celebrará este domingo unha nova Marcha Ciclista Popular

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Fene celebrará este domingo unha nova Marcha Ciclista Popular

Un ano máis, Fene acollerá a súa tradicional Marcha Ciclista Popular. Será este domingo, 10 de maio, pola mañá, a partires das 11 horas. A concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, animou á veciñanza a tomar parte na séptima edición da proba e lembrou que a inscripción, gratuíta, deberá efectuarse o mesmo domingo, no salón de plenos da casa consistorial, entre as 9,30 e as 10,30 horas. Haberá dous percorridos, a ruta de menores, de 7 quilómetros, e de maiores, na que serán 17 os quilómetros a cubrir.
A marcha conta coa colaboración do Club BTT Fene, así como dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local de Fene, aos que o Concello agradece a súa implicación. Ao remate da cita, sobre as 12,30 horas, a praza do Concello será escenario dun sorteo de varios agasallos, entre eles unha bicicleta de montaña, entre todos os participantes.
Así mesmo, a concelleira apunta que haberá un servizo de préstamo de cinco bicicletas e cascos para menores de 12 anos.
Os percorridos serán os seguintes:Dos Menores: Saída da Praza do Concello de Fene dirección Avda. Naturais; Avda. Naturais cara á Avda. das Pías; Avda. das Pías cara San Valentín; entrada en San Valentín pola Rúa do bloque 1; á esquerda pola Avenida Cooperación; Saída á Avenida do Mar pola Rúa de Mercadona; Rúa Tellerías; Marqués de Figueroa; Rúa San Salvador; dirección cara o campo de fútbol dos Pinares; Rúa do Medio; Rúa Alta; Avda. do Tarrío;Rúa da Fraga e Concello de Fene.
Dos Maiores: A primeira parte da ruta será igual que a anterior e, unha vez chegados ao Concello, os maiores seguirán o seguinte itinerario: Avda. Naturais de Fene ata o cruce de Fene; Avda. Marqués de Figueroa dirección Maniños; Estrada da Palma ata baixada ao peirao polo Piqueiro; Paseo do Peirao; Reagrupamento na zona verde do peirao; subida por zona de Maniños cara á estrada da Palma; Estrada da Palma dirección ao Concello; Avda. Marqués de Figueroa; Rúa San Salvador; Avda. do Tarrío; Rúa da Fraga e praza do Concello de Fene.