XXVIII Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé"

CMI UNIDADE DE FENE

XXVIII Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé"

O premio convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Porén, admitiranse traballos presentados por persoas que publicasen previamente algún libro en edición de autor.
O xurado estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.
Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. É res­ponsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado “libro”. Porén, recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.
O premio consistirá na edición do libro na Colección de Poesía Espiral Maior no máis breve prazo posíbel. Terá tamén unha gratificación económica de 1000 € (suxeitos ás retencións impositivas que marca a lei) e, como símbolo do premio, entregarase á persoa gañadora unha escultura obra de Francisco Pérez Porto, artista plástico, fillo de Xosemaría Pérez Parallé.