O Concello centra o programa In Fene na conmemoración do Día das Letras Galegas

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello centra o programa In Fene na conmemoración do Día das Letras Galegas

O Concello de Fene organiza este venres, 15 de maio, unha nova sesión do programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Terá lugar no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. E, aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas, ten preparado para os rapaces o circuito de probas “In Fene letra a letra”, así como un concurso de regueifas e o deseño do vídeo do programa.
A participación é completamente gratuíta e está dirixido a rapaces de entre 11 e 14 anos.