O Concello celebra este luns o Día dos Museos co monólogo de Josito Porto

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello celebra este luns o Día dos Museos co monólogo de Josito Porto

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que o Concello conmemorará este luns, 18 de maio, o “Día dos Museos” co último dos monólogos do ciclo programado no marco desta efeméride. Nesta ocasión, co cómico galego Josito Porto como protagonista. Dará comezo ás 20 horas na Casa da Cultura, con entrada gratuita. Iso si, é preciso retirar invitación dúas por persoa como máximo- nestas mesmas instalacións culturais o mesmo luns, dende as 16 horas.
Intérprete con longa experiencia dramática, comezou no teatro a primeiros dos oitenta e desde entón ten traballado con compañías como o CDG ou Sarabela Teatro. Ao inicio dos noventa incorpórase ao sector audiovisual, tendo desde 1999 o papel fixo de Tuto en "Pratos combinados". Participou en videoclips do Xabarín
Club e en numerosas teleseries autonómicas de ficción ao longo desta década, para a partir de 2001 facer roles episódicos en series españolas de Tele 5 (Abogados, 2001) ou TVE (Cuéntame como pasó, 2003). Tamén conta cunha decea de participacións cinematográficas como en "A los que aman" (I. Coixet 1997). Foi recoñecido co Premio María Casares de teatro 1998 ao mellor actor protagonista pola obra Nano e co Premio María Casares 2002 ao mellor actor secundario por Sexismunda.
Trae a Fene "Laretadas", un monólogo no que reflexiona en clave de humor sobre Galicia e o concepto de galeguidade.
A iniciativa forma parte do programa “Cultura no Camiño” que promove a Xunta de Galicia.