CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
Obradoiros, actividades de circo ou xogos, na última sesión do programa In Fene
21-05-2015
A concelleira de Servizos Sociais, Juana Barro, invitou a rapaces e rapazas a participar na última sesión do curso do programa In Fene que promove o Concello. Celebrarase mañá venres, 22 de maio, no local da AVV de Perlío e na praza do Perla, a partires das 16,30 e ata as 20,30 horas. Nesta sesión tan especial de clausura levaranse a cabo obradoiros de pulseiras, actividades de circo, xogos de saltos, equilibrio, velocidade e moitas máis actividades. Na cita tamén se proxectará o vídeo In Fene, elaborado nos últimos meses polos participantes.O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e a participación é completamente gratuíta.