O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

 O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, invita aveciños e veciñas a asistir á xuntanza do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes que se celebrará mañá martes, 26 de maio, baixo o título “O coidador precisa ser empático”. Unha sesión que dará comezo ás 16,30 horas e se prolongará por espazo de 90 minutos no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, bloque I, baixo, San Valentín).
O Grupo de Apoio a Familias pretende converterse nun espazo para compartir experiencias, sentimentos e dúbidas. Na sesión deste martes abordaránse o que é a empatía, os dereitos empáticos e a importancia na labor do coidado de ser receptivo ás emocións dos demáis e saber interpretalas.
En paralelo, no mesmo Centro de Servizos Sociais e á mesma hora, celebrarase unha nova sesión do obradoiro “Recuperación memoria”, pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. Por iso, os participantes pasan unha proba previa para valorar o seu estado e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. As accións están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención, así como retrasar a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. As sesións celébranse todos os martes, de 16,30 a 18 horas, con participación gratuíta previa inscripción no departamento municipal de Servizos Sociais. Nesta liña,  tanto o Grupo de Apoio a Familias como os obradoiros “Recuperación Memoria” inclúense no programa de envellecemento activo Tardes Activas, que organiza o Concello coa colaboración económica da Deputación.