O Concello de Fene celebra esta semana novas sesións de Espazos Familiares

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Fene celebra esta semana novas sesións de Espazos Familiares

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos Sociais, retomará mañá mércores as sesións do programa “Espazos Familiares”. As últimas do presente curso escolar. Están dirixidas ás familias dos estudantes que participan no proxecto “Suma e segue”, aínda que nelas pode participar calquer veciño que esté interesado no tema a tratar.
Nestas novas sesións, que terán lugar mañá mércores no IES de Fene e o xoves no CPI A Xunqueira (de 17,30 a 19 horas), o tema a tratar será “Ocio xuvenil e a prevención do consumo de substancias”.
O programa, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, conta coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña.