CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O alumnado das Escolas Municipais de Música amosou o aprendido no concerto de clausura do curso
31-05-2015
Ante un público entregado, que secundou masivamente a invitación das Escolas Municipais de Música, os alumnos e alumnas das clases de guitarra e piano ofreceron o pasado venres un brillante concerto. Como solistas ou en formación, os estudantes amosaron os coñecementos adquiridos nas clases de iniciación e máis perfeccionamento. Unhas clases impartidas ao longo do ano polo mestre de guitarra Daniel Adzemian e de piano Amalia Guerrero, e moi ben aproveitadas polos mozos e mozas fenesas, tal e como quedou evidenciado o pasado venres.