CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre. Brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais
09-06-2015
As prazas, a prover mediante o sistema de concurso-oposición libre, son:- 1 xefe de brigada.
- 1 peón de brigada – condutor.
- 2 peóns de brigada.
O contrato a formalizar é de duración determinada na modalidade de obra ou servizo e a tempo completo. No contrato de traballo formalizado establecerase un período de proba de 15 días.
As retribucións brutas mensuais do xefe de brigada ascenden a 1.401,09 € (1.200 € mais 201,09 € de prorrata da extra) e as retribucións brutas mensuais dos peóns de brigada ascenden a 1.167,58 € (1.000 € mais 167,58 € de prorrata da extra).
Serán requisitos mínimos dos aspirantes a esta selección de persoal:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ó emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non se achar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Para os/as aspirantes a xefe de brigada. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Posuír o carné de conducir B.
- Para os/as aspirantes a peón brigadista – condutor. Posuír o carné de conducir B.
Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ó último día de prazo de presentación das solicitudes.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no ANEXO I e dirixiranse ó alcalde da Corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no rexistro xeral do concello ( de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.00 horas, e, os sábados, de 9.30 a 13.30 horas), podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP do 09/06/2015)