O Concello abre o prazo para a reserva de praza nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello abre o prazo para a reserva de praza nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira

O Concello, a través da Concellería de Deportes e Cultura, anuncia que o próximo 22 de xuño e ata o 29 de xuño abrirá o prazo de reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2015/2016 para os veciños e veciñas de Fene que estivesen matriculados nas actividades durante o mes de maio. Para os que estén empadroados noutros municipios, o prazo estará vixente entre o 30 de xuño e o 7 de xullo. En ambos casos, será requisito presentar o carné de usuario das escolas. O lugar e horarios para realizar o trámite será as dependencias administrativas do pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e os días 24 de xuño e 1 de xullo de 16 a 19 horas.
As actividades propostas son, entre outras, aeróbic, zumba, baile moderno, fútbol sala, pilates, baloncesto, ioga, patinaxe, natación terapéutica, pilates en piscina…
Toda a programación, cos seus respectivos horarios e datas, está a disposición da veciñanza nesta páxina web