Anuncio contratación de 1 oficial de 2ª e 2 peóns

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Anuncio contratación de 1 oficial de 2ª e 2 peóns

Aos efectos de dar cumprimento ao sinalado no punto 7 da Resolución da Deputación da coruña, o Concello debe de realizar a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego e de acordo cos principios de publicidade, concurrencia, igualdade, mérito e non discriminación:
O Concello de Fene presentou unha oferta de emprego nas Oficinas do Servizo Público de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.
Unha vez recibida a oferta, o Servizo Público de Emprego realizou unha sondaxe de demandantes.
Coa documentación remitida polo Servizo Público de Emprego, entenderse que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
Unha vez recibidos polo Concello os curriculum dos aspirantes que foron preseleccionados por reunir os requisitos esixidos na devandita oferta se lles require para que comparezan nas oficinas municipais no prazo de 5 días naturais, aos efectos de presentar instancia no rexistro xeral do Concello, para a participación no/s proceso/s selectivos.
O requirimento realízase mediante este anuncio publicado no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello (sen prexuízo da posibilidade de comunicar tamén dita circunstancia por vía telefónica ou por correo electrónico). Ver anuncio publicado o 11 de xuño de 2015.A instancia acompañarase de:
- Copia compulsada do DNI ou pasaporte.
- Copia compulsada do carné B- Acreditación dos méritos baremables conforme as bases específicas.- De ser o caso, copia compulsada do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.