7ª Aniversario da Andaina conmemorativa do programa de Educación Física contra a Fatiga oncolóxica

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

7ª Aniversario da Andaina conmemorativa do programa de Educación Física contra a Fatiga oncolóxica

Comezará ás 10.00 h coa recollida de dorsais e a benvida aos participantes. Ás 10:30 horas arrincará a marcha de adultos que terá unha duración aproximada dunha hora. Partirase da Praza do Concello de Fene.
Ao remate da mesma, ao redor das  11.30 h celebraranse na mesma praza as carreiras infantís nas que poderán participar nenos/as de 3 a 6 anos. Ás 12.00 horas haberá unha exhibición do club de ximnasia ferrolterra e, ao remate, procederase á lectura do Manifesto desta 7ª Andaina e a entrega simbólica do donativo deste ano. A partir das 12:45 horas haberá un “fin de festa” cunha sesión de zumba.
Ao longo da xornada recadaranse fondos para os nenos/as enfermos de cancro.
Diminuir o impacto causado pola enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas; promover un afrontamento activo a través do exercizo físico; fomentar a sensibilización ante a enfermidade e a súa prevención; colaborar económicamente con afectados pola enfermidade e para o mantemento da asociación... Son algúns dos obxectivos da sexta andaina conmemorativa que organizan a Asociación Oncohematolóxica “Por+Vida”, o Concello de Fene e KineSalus.