Horario de verán

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Horario de verán

Con este novo horario, que se prolongará ata o mes de setembro (ata o comezo do curso escolar 2015-2016), a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal e o Museo do Humor abrirán de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas. Sábados, domingos e festivos permanecerán pechados.
Aproveitamos a ocasión para lembrarlles que o horario de apertura da piscina municipal de Centieiras, a partir do 1 de xullo, será de luns a sábado de 9 a 13,30 horas. Os domingos, pechará as súas portas.