CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
7 prazas vacantes no Verán máis Alá’ 2015
16-06-2015
O horario de atención ao público será de 8:00 a 14:30 h.
As prazas vacantes cubriranse por rigorosa orde de inscrición, formándose lista de agarda por se houbera algunha baixa.
Documentación:
· Ficha de datos
O venres, 19 de xuño, publicarase a listaxe dos/as participantes no Verán Máis Alá!’2015.
Publicada a listaxe, as persoas admitidas teñen de prazo até as 14:00 h. do mércores 24 de xuño para achegar a documentación que se relaciona deseguido:
- Certificado de ingreso bancario
- No suposto que o neno/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo..
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotografía tamaño carné co nome escrito na parte de atrás.
No Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entresollado dereita, 15500 Fene. Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.es