Cubertas todas as prazas do verán máis alá

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Cubertas todas as prazas do verán máis alá

O venres, 19 de xuño, publicarase a listaxe dos/as participantes no Verán Máis Alá!’2015.
Publicada a listaxe, as persoas admitidas teñen de prazo até as 14:00 h. do mércores 24 de xuño para achegar a documentación que se relaciona deseguido:
  • Certificado de ingreso bancario
  • No suposto que o neno/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo..
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotografía tamaño carné co nome escrito na parte de atrás.
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entresollado dereita, 15500 Fene. Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.es