A Casa da Cultura de Fene acolle unha exposición de debuxo e pintura do ferrolán David Durán

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

A Casa da Cultura de Fene acolle unha exposición de debuxo e pintura do ferrolán David Durán

Un pedazo de David Durán: “Logo dunha longa pausa, en 2009 retomo o labor artístico de xeito autodidacta, tentando aprender pola miña conta todo o que poido con respecto ao debuxo. Por aquel entón, decido asistir ás clases que imparte o pintor Antonio Fernández no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol) e tomo tamén contacto coa pintura ao óleo. Dende ese momento, decátome de que xa non hai volta atrás e, dende aquela ata agora, adico todo o tempo que poido á arte, cada vez con máis gañas. Esta exposición é o punto ao que chego logo destes anos. Certos anacos de min que fun deixando no devir deste camiño chamado aprendizaxe. Ao amosalos ao público, libérome da súa privacidade e establezo, tras deles, un novo camiño onde volver a comezar e onde seguir, con máis gañas aínda, aprendendo”.