Quedada Xuvenil no Albergue Alvarella dirixida a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

Quedada Xuvenil no Albergue Alvarella dirixida a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos

A saída terá lugar o xoves 25 de xuño ás 16h. da Casa do Concello de Fene e a chegada ao Concello de Fene será o venres 26 de xuño ás 20h.
A actividade inclúe:
A merenda, a cea e o aloxamento (SEN toalla nin edredón; inclúe saba baixeira e almofada con funda) do xoves 25.
O almorzo, xantar e merenda do venres 26.
Transporte ata o Albergue Alvarella (Doroña-Vilarmaior) en función das persoas participantes (informarásevos previamente no caso de precisar que o traslado sexa pola vosa conta).
Acompañamento e supervisión do grupo participante e actividades impartidas por 2 educadoras sociais da empresa Atalaia Social (contidos formativos de mediación xuvenil, educación para a saúde; velada nocturna; obradoiros lúdico-educativos; xogos ao aire libre e piscina -se a climatoloxía o permite-).
Material necesario para a actividade:
Roupa e calzado cómodo.
Toalla de ducha e saco de durmir (manta no seu defecto).
Útiles e produtos de aseo persoal.
Gorra, roupa de baño, chanclas e crema protectora solar.
Camiseta branca ou de cor moi clara (sen grandes debuxos) para un obradoiro.
Documentación necesaria para achegar xunto coa ficha de inscrición:
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Informe médico, só no suposto de que o rapaz/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta. Facer constar tamén as alerxias alimentarias  ou de calquera outro tipo.
As prazas son limitadas e a inscrición deberá entregarse ata o 22 de xuño no Centro Municipal  de Servizos Sociais, sito na Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo- San Valentín; ou enviando os datos de inscrición debidamente cubertos a un dos seguintes enderezos electrónicos: servizos.socias@fene.es ou atalaia.social@gmail.com
Máis información nos seguintes teléfonos: 981.342.607/981.492.706 – 608.631.376