Clausura das escolas da piscina e festa acuática

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

Clausura das escolas da piscina e festa acuática

A piscina municipal de Centieiras acolle este sábado, 20 de xuño, de 10.00 a 13.45 horas, a clausura das Escolas Municipais de Piscina cunha festa acuática na que poderán participar, en diferentes quendas, todos o alumnado das escolas. 
O horario previsto para a xornada é:
10:00 h.: Entrega de diplomas e Festa Acuática para natación de bebés
11:00 h.: Entrega de diplomas e Festa acuática de Natación 1ª Infancia
12:00 h.: Entrega de diplomas, Exhibición e Festa acuática de Adultos (Aquagym, xogos acuáticos, … )
12:45 h.: Entrega de diplomas, exhibición e Festa acuática de Iniciación e Perfeccionamento infantil