Amplíase o prazo para inscribirse no Campus de Verán "Suma e segue In Fene"

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

Amplíase o prazo para inscribirse no Campus de Verán "Suma e segue In Fene"

Trátase dun programa de apoio educativo, GRATUITO, para rapazas e rapaces ENTRE 12 E 16 ANOS (que estuden a ESO nos centros educativos do concello de Fene). O programa posto en marcha polo Concello de Fene e subvencionado pola Deputación, se desenvolverá durante o mes de xullo. Nel haberá dúas partes diferenciadas e independentes (non é necesario apuntarse ás dúas): por un lado unhas actividades de REFORZO ACADÉMICO (Suma e segue) e por outro, unhas actividades LÚDICO-EDUCATIVAS (IN FENE).