Amplíase o prazo para inscribirse no Campus de Verán "Suma e segue In Fene"

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

Amplíase o prazo para inscribirse no Campus de Verán "Suma e segue In Fene"

Programa de apoio educativo, GRATUITO, para rapazas e rapaces ENTRE 12 E 16 ANOS (que estuden a ESO nos centros educativos do concello de Fene). O programa posto en marcha polo Concello de Fene e subvencionado pola Deputación, se desenvolverá durante o mes de xullo. Nel haberá dúas partes diferenciadas e independentes (non é necesario apuntarse ás dúas): por un lado unhas actividades de REFORZO ACADÉMICO (Suma e segue) e por outro, unhas actividades LÚDICO-EDUCATIVAS (IN FENE).
Ambas actividades terán lugar do 1 ao 31 de xullo nas instalacións do CPI A XUNQUEIRA, en San Valentín.
REFORZO ACADÉMICO (Suma e Segue): de luns a venres ofrécense actividades de reforzo académico en varias áreas, proporcionando apoio de calidade nas diferentes materias e na súa aprendizaxe. Traballarase tamén a motivación e o adestramento de técnicas que faciliten o estudo, dun xeito ameno e práctico.
Cada rapaz/a poderá apuntarse ás materias nas que precise reforzo.ACTIVIDADES LÚDICO-EDUCATIVAS (IN FENE): tres días á semana (luns, mércores e venres) de 12:20 a 13:30 realizaranse actividades nas que se traballarán temáticas relacionadas con valores ou con hábitos saudables a través de metodoloxías grupais, xincanas, manualidades, xogos deportivos e predeportivos, audiovisuais, etc.
ENTREGAR A INSCRICIÓN no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZO S SOCIAIS ou na caixa de correo:
servizos.sociais@fene.es 30 PRAZAS LIMITADAS, 15 por grupo (ORDE INSCRICIÓN)