LUCES, CÁMARA…. ACCIÓN!

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

LUCES, CÁMARA…. ACCIÓN!

A sétima arte será a temática central sobre a que xirarán todos os contidos das actividades propostas para “Verán máis alá!”. Os participantes recuperarán a memoria das salas de cine coas que contou o noso Concello; relacionarán o cine de humor como xénero cinematográfico co Museo do Humor e, como non, desenvoverán a súa creatividade converténdose en directores, guionistas, actores e actrices, persoal de decorados, de efectos especiais…..
Un ano máis, tamén participarán en diferentes actividades acuáticas que se desenvolverán na Piscina Municipal de Centeiras entre o 6 e o 13 de xullo e, en data a determinar, desprazaranse á Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
“Verán máis alá!” concluirá o 31 de xullo coa tradicional xornada de convivencia que terá lugar nas instalacións da ACDR O Pote de Maniños.