ALCALDÍA
Anuncio cualificacións na proba do banco na selección de brigadistas
30-06-2015
Convócase aos aspirantes declarados aptos na proba de aptitude física -proba do banco-, á realización da segunda parte do primeiro exercicio da fase de oposición -unha ou mais probas prácticas relacionadas coas tarefas a desempeñar- que se realizará nas naves de San Paio o venres 3 de xullo de 2015 a partir das 9:00 horas.Os aspirantes deberán presentarse provistos co DNI o venres 3 de xullo de 2015 ás 8:45 horas no Concello de Fene sito na Avda. Consistorial s/n.Ó remate da realización da segunda parte do primeiro exercicio da fase de oposición, procederase a realizar a proba de galego a aqueles aspirantes que non acreditaran a posesión do Celga 1 ou equivalente. Conforme ás bases de selección concederase ós aspirantes un descanso mínimo de trinta minutos entre ambas probas, agás renuncia expresa.