Inscríbete en Espazo Novo: Expresart

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

Inscríbete en Espazo Novo: Expresart

ExpresArte é un programa dirixido a mozos e mozas, de 11 anos en diante, no que se desenvolverán actividades de arte en comic e pintura, danza e artes escénicas, fotografía creativa e audiovisuais, xeración vlogger e creción literaria online e canta fene 
Para participar en ExpresArte é necesario formalizar a inscrición, con anterioridade ao 6 de xullo, no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo. San Valentín). A inscrición é gratuíta.
 Con ExpreArte preténdese:
- Ofrecer a mozos e mozas ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
- Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto en común.
- Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
- Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
 Para máis información dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais, teléfonos 981 492 706, 981 34 26 07 ou á caixa de correo servizos.sociais@fene.es