O domingo, 5 de xullo, participa no Día do Deporte na Rúa!

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O domingo, 5 de xullo, participa no Día do Deporte na Rúa!

Festa da espuma, inchables, circuirto de karts, orientación, obradoiros de valoración funcional e nutrición, patinaxe, fitness, fútbol americano (modalidade flag), xogos infantís, obradoiro de cariocas e mirlitóns, baloncesto de cadeira de rodas, baloncesto 3x3, fútbol sala, balonmán, deportes de raqueta, iudo, pintadas, chave, xogos tradicionais, deporte rural son algunhas das propostas que a Concellería de Deportes do Concello de Fene anuncia para o vindeiro domingo, 5 de xullo, durante a celebración do XXIII Día do Deporte na Rúa.
No caso de mal tempo, trasladaranse ao pavillón da Xunqueira en San Valentín. Coma todos os anos, as persoas que participen en alomenos tres actividades conseguirán unha camiseta conmemorativa da xornada.
Colaboran: Colexio Jorge Juan, CFA Trasnos Club Fútbol Americano, C. Maniños SD, SD Barallobre, CCRD Perlío e Amigos da Chave de Ferrolterra