Obradoiro de emprego dirixido a xóvenes
03-07-2015
Obradoiro dirixido a mozos e mozas empadroados nun dos tres concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil.A inscrición neste rexistro é un requisito indispensábel para poder participar no obradoiro. Para formalizalo accédese a través do seguinte enlace; Garantía xuvenil
Os requisistos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
- ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA, mínimo estudos primarios
- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS, mínimo graduado en ESO
- FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBERÍA INDUSTRIAL, mínimo estudos primarios
- PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN, mínimo graduado en ESO
Concello de Fene, Area de Fomación e Emprego “Pancho Allegue”, Avda. do Concello s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.es