Festa inaugural "Expresarte"

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

Festa inaugural "Expresarte"

O próximo domingo 5 de xullo ás 19:00 h. na pista do CCRD Perlío (enfronte ao casino de Perlío) terá lugar á festa inaugural na que se desenvolverán actividades lúdicas para dar a coñecer o programa que está destinado para xente nova a partir dos 11 anos.
Na festa inaugural actuará Dani Rios e  mocidade promesas da zona, entre outros; Adríán López e Nerea lópez,  Master Class de Zumba e Master class de danzas urbanas. Realizarase unha exposición de grafitti e muros libres ademais doutras sorpresas.
ExpresArte é un programa dirixido a mozos e mozas, de 11 anos en diante, no que se desenvolverán actividades de arte en comic e pintura, danza e artes escénicas, fotografía creativa e audiovisuais, xeración vlogger e creción literaria online e canta fene 
Durante os dous meses de actividades realizaranse dous grupos, un de 11 a 14 anos e outro  a partir dos 15 anos.
O horario no que se desenvolverán estas actividades será de 11:00 h.  a 13:00 h. de luns a venres.
O nº de persoas por actividade será de 20, e no caso de non reunir o mínimo necesario de participantes (10 mozos/as) a actividade poderá suspenderse.
Para o espazo físico onde se desenvolverán as actividades se combinará os espazos abertos ao aire libre con espazos pechados ou actividades en aulas, segundo o tipo de actividade, unhas estarán situadas en Avenida de Naturais, 44 entresollado e outras no CPS San Valentín.
O prazo de inscrición remata o 6 de xullo. As actividades se inician o 7 de xullo e finalizarán o 29 de agosto.
Os obxectivos do programa son, entre outros:
Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.es