ALCALDÍA
Anuncio proceso selectivo brigadistas
07-07-2015
As persoas nomeadas deben de presentar no prazo improrrogable de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación da presente resolución nesta páxina web a seguinte documentación:- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar nas brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
Aprobar as seguintes listas de aspirantes para ser usadas neste ano 2015 no suposto de que algún dos aspirantes seleccionados -requiridos no punto anterior- non presentara o certificado médico, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto”, renunciaran á contratación ou por calquera circunstancia deixaran vacante o posto a cubrir.