CONCELLERÍA DE CULTURA
Este venres arrinca o Ciclo do "Día da Patria Galega" con Guadi Galego en concerto
07-07-2015
A cantante cedeiresa Guadi Galego presentará esta semana en Fene “Luas de outubro e agosto”, o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que publicou en 2009. O concerto será este venres ás 22 horas na Praza do Concello e con él darase o pistoletazo de saída ao “Ciclo do Día da Patria Galega” que organiza a Concellería de Cultura de Fene en colaboración coa Deputación da Coruña e Agadic-Xunta de Galicia. O programa desenvolveranse do 10 ao 17 de xullo na Praza do Concello con entrada libre e baixo carpa, agás a lectura da Declaración Institucional que se fará, como é habitual, a carón do monumento “Día da Patria Galega”, no parque liñal do Río Cádavo.Tralo concerto deste venres en Fene, o vindeiro luns tocaralle o turno ao Mago Román con “Labirinto de ilusións 2.0.”, un espectáculo no que “a maxia está acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participa permanentemente o público”. A función será tamén neste caso a partir das dez da noite.
O Ciclo do Día da Patria Galega continuará o martes, 14 de xullo, coa celebración do X Festival de Habaneiras “Concello de Fene” (ás 20.30 horas) no que tomarán parte as corais polifónicas do CPS de San Valentín, ACDR O Pote de Maniños, SCRD Agarimo de Sillobre e Eterna Xuventude do Centro Social de Fene, así como as rondallas Estrelecer do CMI Unidade de Fene e Perla do Río do CCRD de Perlío.
Para o mércores 15, a Concellería de Cultura programou unha nova edición da Xornada de Convivencia Interxeracional “Concello de Fene”, concebida coma encontro dos veciños/as de Fene de todas as idades. Nesta festa, que comezará ás 20 horas, distribuirase gratuitamente churrasco, bola e empanada (até rematar existencias). Tamén haberá zona de xogos para nenos/as e, para concluir a xornada, ao redor das 22.30 horas, anuncianse unha actuación do grupo Los Zares.
O xoves, 16 de xullo, volverá a maxia á Praza do Concello de Fene, desta vez co mago Dani García que presentará a partir das 20 horas o seu último espectáculo, “Don Gelati”. E xa para pechar o ciclo, o venres 17 de xullo a partir das 20 horas, procederase á Lectura da Declaración Institucional, a carón do monumento “Día da Patria Galega”, no parque liñal do Río Cádavo. No acto intervirá o escritor fenés Pablo Bouza Suárez, autor da declaración e, ao remate, o Coro Infantil da SCRD Agarimo de Sillobre interpretará o himno galego.