CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Hoxe mércores achégate a Xornada de Convivencia Interxeracional na Praza do Concello de Fene
14-07-2015
Festa tamén pensada para os máis pequenos xa que haberá unha zona de xogos para nenos/as.E ao remate, ao redor das 22.30 horas, gozaremos e bailaremos xuntos coa actuación do grupo Los Zares. Grupo que nace en Neda a finais dos anos 60, por iniciativa de Manolo Pereira, que naqueles tempos tocaba a batería, e que se puxo en contacto con Luís e Wenceslao, dous guitarras que formaban parte da recén constituída rondalla “Lucero del Alba”. Como baixista estaba Juané, primo de Manolo, e como cantante, un mozo de Barallobre (aínda que con raíces cubanas), chamado Jesús Curros.
Los Zares comezaron ensaiando no Liceo de Neda e, segundo contan, as súas primeiras andainas musicais foron, sobre todo, en festas patronais (Miño, Barallobre, Neda, etc) así como na Sala Perla de Perlío, onde chegaron a compartir escenario con outros grandes grupos da zona.
A finais de 1968 incorpórase a Los Zares un novo guitarrista chamado Carlos (ocupando o lugar de Wenceslao, que estaba facendo a mili) e, ao pouco, marcha tamén do grupo Jesús Curros, ao que vai sustituir un mozo de Perlío chamado Juan G. Vargas, máis coñecido coma “Juangui”.
A partir de 1971, marcha Carlos e, tras del, outros membros do grupo, o que supuxo a fin de Los Zares na súa primeira etapa, aínda que a maioría dos seus membros seguiron vencellados á música noutros grupos.
Xa no ano 2004, Los Zares reúnense de novo e volven subir aos escenarios, prácticamente cos mesmos membros, e cun repertorio de cancións da súa época dourada (anos 60-70). En decembro de 2006 publicaron o seu primeiro disco “...tal como éramos” e, dende aquela -xa como Asociación Cultural- participan en festivais solidarios para diversas entidades da comarca (Teima-Síndrome de Down, Parkinson Ferrol, ONG Adra, etc.).