"Don Gelati" O refrescante espectáculo do mago Dani García, chega a Fene

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

"Don Gelati" O refrescante espectáculo do mago Dani García, chega a Fene

“Don Gelati” é un vendedor de xeados que, nun escintilante día de sol, chega á praza do pobo  co seu característico carriño, para endozar os padais e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día coma os demais...Don Gelati sofrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xeados. O tempo apremia e terá que arranxalo todo antes de que o sol marche e deixe aos presentes sen os seus gorentosos doces.
“Don Gelati” é un espectáculo de maxia teatral, perfecto para ser representado na rúa. En palabras do mago Dani García, “trátase dunha obra de teatro xestual, onde un guión cheo de maxia, malabares, clown e a intervención do público, levan ao protagonista ao límite da súa imaxinación e enxeño”.
Dani García é un xoven ilusionista galego que de pequeno soñaba con ser inventor e construir os seus propios xoguetes, e que agora deseña, fabrica e da vida a efectos de maxia.
Dende que entrou neste mundo (aos 13 anos), estudou e formouse en diversos campos (seminarios, congresos de maxia, escolas e talleres de teatro), tentando combinar a maxia con outras artes escénicas.
No ano 2008, man man co seu compañeiro e amigo, o mago Marttyn Andersen , funda Symbiosis Producciones, empresa adicada a dar unha nova dimensión aos seus proxectos, tanto individuais coma conxuntos. A maiores, realiza traballos por encargo e colabora con diversas compañías de teatro en aspectos tan dispares como a actuación ou o deseño de efectos especiais a medida.  
Bandeiras para o "Día da Patria"Perante a próxima celebración do 25 de xullo, o Concello de Fene engalanará as principais rúas do termo municipal con bandeiras galegas. Tamén entregará bandeiras galegas aos veciños e veciñas que queiran penduralas nas fiestras ou balcóns dos seus domicilios para festexar o Día da Patria GAlega. As persoas interesadas poderán recoller a súa bandeira galega (até rematar existencias), na conserxería da Casa do Concello en horario de mañá.