CONCELLERÍA DE DEPORTES
Solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais
20-07-2015
Os adestramentos para a pretempada deportiva poderán realizarse entre o 01 e o 30 de setembro.Os adestramentos para a tempada deportiva comezarán o 1 de outubro.
PRAZOS DE SOLICITUDE:
- Prazo de solicitude para adestramentos de pretempada: do 20 de xullo ao 20 de agosto, ambos inclusive.
- Prazos de solicitude para adestramentos de tempada:
- Equipos federados do concello: do 20 de xullo ao 14 de setembro
- Equipos non federados ou particulares: do 17 ao 24 de setembro (estes equipos poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de equipos federados do concello).
Cómpre que os clubs remitan a relación de horas que soliciten para a pretempada e para a tempada 2015-2016 cubrindo, nos formularios, as horas que interesen, especificando o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora.
As solicitudes para a pretempada, realizaránse unicamente para o pavillón da Xunqueira, e para os pavillóns da Xunqueira e do Ramo para a tempada. Deberase comunicar se se solicita pista completa ou terzo. No caso de non especificar, entenderase que se solicita pista completa.