O Verán Máis Alá visita o Museo do Humor

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O Verán Máis Alá visita o Museo do Humor

No decurso da visita, os pequenos/as riron e xogaron fronte aos espellos cóncavos e convexos e, ao remate, realizaron unha actividade, poñéndose na pel dun humorista gráfico. A saída completouse cunha visita á "Galaxia Imaxinaria", parque de ocio temático instalado na antiga Finca de Cela (actualmente coñecida como Parque Castelao).
O Verán Máis Alá! de Fene é un campus lingüístico que organiza a Concellería de Cultura e Ensino co obxecto de facilitar unha alternativa de lecer educativo na nosa lingua, á vez que, polo seu horario, promove a conciliación da vida laboral e familiar.
As actividades do Verán Máis Alá! 2015 pódense seguir a través do blog http://veranmaisala2015.blogspot.com.es