Despídese o Verán máis alá!

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Despídese o Verán máis alá!

O campus lingüístico "Verán máis alá!", que se veu desenvolvendo durante todo o mes de xullo en Perlío nas instalacións do CEIP de Centieiras, despídese cunha xornada de convivencia e confraternidade cos familiares e amizades dos e das participantes.
Aínda que para os rapaces e rapazas rexe o horario normal da actividade, a xornada coas familias comeza, no propio CEIP de Centieiras, ás 11.30 h; cunha xornada de portas abertas có seguinte programa:
11:30 A 13:30 Presentación das curtametraxes desenvoltas polos diferentes grupos no campus Luces, Cámara e Acción!Exposición de traballos executados
Merenda degustación elaborada polos propios nenos e nenas.
Festival Fin de Verán Máis Alá! 2015. Presentación de actuacións preparadas polos diferentes grupos
13:30 a 14:00. Despedida dos grupos e do equipo de monitorado.
Finalmente ás 14.00  a xornada trasládase á parroquia de Maniños, ás instalacións da SCRD O Pote, onde terá lugar un xantar de confraternidade e, durante a tarde, xogos coa familia, zumba etc. FESTA CONVIVENCIA EN O POTE
14:00 Recollida do autobús dos nenos e nenas inscritos na festa de fin de actividade e traslado ao Pote de Maniños.
14:30 Xanta no Pote
16:30 Actividades en familia (Maquillaxe, Globoflexia, brilé, carreiras tradicionais, soga-tira, mariola e xogos de panos).
18:00 Zumba
18:30 Xogos musicais e bailes en familia
19:00 – 19:30 Despedida e recollida