CONCELLERÍA DE DEPORTES
O luns 3 de agosto arrinca o Campamento lúdico deportivo
31-07-2015
O campamento desenvolvese nas instalacións do CMI Unidade de Fene e participan 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos. A noite do 13 ó 14 de agosto despedirase cunha pernocta cargada de actividades e sorpresas.Aquí deixamos para as familias unhas normas xerais e un breve resumo da programación prevista;
Horario:
Entre as 10.30 a 14.00 h terán lugar as actividades da programación e a porta estará pechada, salvo 15 minutos despois das 10.30 e 15 minutos antes das 14.00 h.
Rutinas:
10.00-10.45: Bos días. Actividades de entretemento, xogos de estratexia, memoria, mesa, etc.
10.45-11.45 h. Espazo creativo.
11..45 -13.OO: Merenda e xogos acuáticos.
13.00-13.45: “Nenos en movemento.”: animación e multideporte.
13.45-14.00. “Ata mañá”
Recollida: Os/as nenos/as soamente poderán marchar acompañados das persoas autorizadas pola familia na ficha de inscrición , indicando o seu nome e DNI.
Información importante. As familias están obrigadas a comunicar calquera circunstancia que poida afectar ó benestar dese ou doutros nenos ( enfermidades ou alerxias, capacidades diferentes, circunstancias familiares especiais, etc.).
Recomendacións
Tódolos/as nenos/as han de traer protector solar posto da casa e o bote na mochila para reposicións, un botellín de auga, un tentempé para media mañá, viseira, gorro de baño, un bañador posto e outro seco, chanclas e toalla. No caso dos nenos/as máis pequenos/as vos recomendamos que todo veña marcado co nome para evitar confusións.
Protocolo á hora do baño:Á hora do baño existe un protocolo predeterminado que poderá ser revisado unha vez coñezamos ó o grupo: os/as nenos/as serán divididos en dous grupos de idades e se bañarán por separado, cada grupo na súa piscina e sempre acompañado dos/as monitores/as.
Sempre haberá un socorrista no entorno da piscina.Os/as as neno/as que desexen bañarse con manguitos, gafas ou flotador poderán facelo. Os/as nenos/as que non desexen bañarse non serán obrigados, pero deberán permanecer co grupo na zona da “praia” da piscina.